Xogo internacional de damas de 10 x 10 para Microsoft®
Windows™ 95 e posteriores.
© 1995-1999
Harm Jetten.
Reservados tódolos dereitos.
Permítese a distribución e uso deste programa con fins non comerciais.
Traducido por Xosé Antón Vicente.
Xeral
Regras do Xogo
Comandos do menú
Como facer un movemento
Como introducir unha posición
Tipos de arquivos
Bases de datos para as finais
DamExchange
DAM é Freeware, isto significa que está protexido polos dereitos de autor pero pode ser usado e distribuido sen propósitos comerciais. Para distribuílo, éste debe estar na súa forma completa e sen ter sido obxecto de modificacións.
DAM 2.2 para Windows 95 é o sucesor de DAM 2.1 para Windows 3.1x, DAM 1.3 para Atari ST e computadores TT.
DAM continúa facendo búsquedas mentras o opoñente esta reflexionando, utilizando así un importante tempo de procesamento. Por esta razón, os outros programas que estén correndo baixo Windows poden ir de forma moi lenta. Se DAM está obtendo os seus movementos dende el libro de aperturas ou se se atopa configurado para dous xogadores, non se presenta este comportamento.
As damas internacionais de 10x10 xóganse nos cadros obscuros do taboleiro, comenzando con 20 peóns brancos e 20 peóns negros. Os xogadores móvense alternativamente unha peza á vez, as brancas inician a partida. Calquera que non teña movementos que facer perde o xogo. Os xogadores poden acordar táboas(empate), existe unha regulamentación para determinar cando unha partida é táboas.
As pezas (peóns e damas) só poden moverse diagonalmente. Un peón pode mover cara un recadro desocupado que se atope diante de el.
Os peóns poden capturar pezas cara adiante e cara atrás. Unha peza veciña do opoñente é capturada saltando sobre ela ata o recadro desocupado que se atopa despois a peza a capturar; se despois de facer isto outra peza pode ser capturada, entón debe capturarse. Isto repítese ata que xa non teña máis pezas por capturar. As capturas son obrigatorias, se se pode capturar en máis dunha forma entón deberase elexir a que resulte nunha maior cantidade de pezas tomadas (peóns ou damas). Se hai máis dun movemento de captura dispoñible, cada un dos cales toma o mesmo número de pezas, entón a decisión queda a vontade do xogador.
Un peón que remata o seu movemento na última fila é promovido a dama.
Unha dama pode facer un movemento que non resulte nunha captura, cara un recadro valeiro en calquera das catro direccións posibles a través das diagonais.
Unha dama pode capturar unha peza do opoñente en calquera das catro direccións, sempre e cando teña un recadro valeiro inmediatamente despóis da peza a capturar. A dama pode entón quedarse nese cadro ou en calquera cadro valeiro que se atope na mesma dirección. No caso de que outra captura poida facerse dende algún dos cadros en que poida aloxarse a dama, entón a captura debe facerse. De novo, as capturas son obrigatorias, como tamén o é capturar o máximo número posible de pezas.
Os comandos do menú de DAM son:
Xogo Xogadas Tempo Taboleiro Opción Fiestras Axuda
Novo (ou a combinación de teclas Ctrl+N) remata a partida actual e coloca as pezas na posición inicial para comezar unha nova partida.
Abrir (ou a combinación de teclas Ctrl+O) recupera un arquivo que contén unha partida gravada con anterioridade, permitindo así continuar coa partida. Pódese seleccionar entre os tres tipos de arquivos na esquina inferior do diálogo: DAM, PDN, e arquivos DOC.
Con Gardar (ou a combinación de teclas Ctrl+S) pódese gardar a partida actual nun arquivo de tipo DAM ou PDN.
Imprimir (ou a combinación de teclas Ctrl+P) envía información sobre a partida actual á impresora, incluíndo unha lista das xogadas realizadas.
DamExchange controla o protocolo que permite conectar dous programas de damas para xogar partidas vía cable serial ou Internet. Ver DamExchange.
Saír abandona o programa DAM despóis de que un diálogo dou a oportunidade de gardar a partida actual.
As seguintes preferencias son gardadas no rexistro como HKEY_CURRENT_USER\Software\Harm Jetten\Dam:
- Linguaxe usada,
- xogador-xogador ou xogador-DAM,
- animación dos movementos,
- son on/off, e os nomes dos arquivos de tipo .wav,
- información do porto para o protocolo DamExchange,
- configuración da memoria que utiliza DAM,
- opcións do gardado en formato PDN,
- opcións de tempo,
- posición e tamaño da fiestra principal de DAM,
- posición, orientación, e numeración do taboleiro,
- tamaño do taboleiro e vista das pezas,
- se unha posición está sendo ingresada,
- posición e tamaño das fiestras de texto,
- ruta do cartafol da base de datos para finais de partida,
- nome do arquivo actual de partidas.
Configuracións equivalentes que se atopen no arquivo de partidas de DAM (quen xoga con quen, posición, e opcións de tempo) son usadas en lugar de estas preferencias.
Atrás (ou a tecla Supr) devolverá a ultima xogada feita. Atención: Se lle corresponde mover a DAM, xogará de novo un movemento despóis de 3 segundos como mínimo. Use Atrás dúas veces para desfacer o seu movemento e a resposta de DAM. As combinacións de teclas Shift+Supr ou Ctrl+Supr permiten desfacer múltiples movementos dunha sóa vez, retrocedendo ata o movemento ingresado (se é posible, coa quenda para o mesmo bando).
Os movementos que foron devoltos amósanse en gris na fiestra Partida. Ao premer a tecla Esc, ou ao facer un movemento diferente ao que se amosa na fiestra, os movementos en gris son borrados.
No caso de que se teñan devolto xogadas, o seguinte comando de menú é Adiante (ou a tecla Ins). Este comando realiza o primeiro movemento en gris que se atope na fiestra Partida. De esta maneira é posible ir percorrendo unha partida ata o final, ou ata unha posición intermedia. As combinacións de teclas Shift+Ins ou Ctrl+Ins permiten adiantar ata o movemento ingresado(se é posible, coa quenda para o mesmo bando).
Cando non se teñan devolto xogadas, o comando de menú Atrás é reemprazado por Amosar última (a tecla Ins tamén é reemprazada), que amosa o ultimo movemiento feito no taboleiro.
Computador-Computador permítelle a DAM xogar contra el mesmo ata que non teña movementos válidos por facer, ou se teña acadada unha posición de Táboas.
Con Xogador-Computador, e cunha configuración normal, vostede xoga en contra de DAM. Vostede comenza a partida con brancas. Se desexa xogar con negras, entón seleccione Quenda do computador, (ou use a tecla Tab).
No modo Xogador – Xogador vostede pode facer os movementos das negras e das brancas.
Se é a quenda de DAM, Xogar agora obriga ao computador a xogar inmediatamente.
Quenda do computador (ou a tecla Tab) fai que DAM xogue coas pezas do bando que posúe a quenda.
Quenda do xogador (tamén a tecla Tab) permítelle a vostede xogar coas pezas do bando que posúe a quenda.
Animación permítelle a vostede controlar a forma en que un movemento é feito no taboleiro.
Con Animación › Detallada, unha captura amósase de forma máis lenta; ademáis, os cadros que facen parte do último movemento permanecen resaltados. Este non é o caso para Animación › Rápida.
Sons permite activar ou desactivar os efectos de son.
DAM emprega diversos efectos de son:
1. Para indicar que o usuario intenta facer un movemento que non é legal. Por defecto é o son do arquivo dam1.wav.
2. Cando DAM realiza un movemento (un movemento regular ou unha captura). Por defecto é o son do arquivo dam2.wav.
3. Cando se executa o movemento do xogador(un movemiento regular ou unha captura). Por defecto é o son do arquivo dam3.wav.
Se vostede o desexa, pode ingresar os nomes dos seus arquivos de son .wav predilectos no diálogo Sons do menú Propiedades.
Con Niveis para principiantes, catro niveis da A á D atópanse dispoñibles para principiantes e aprendices, que son máis fáciles que o nivel "regular" 1 segundo/xogada. Nestos niveis, a profundidade de busca é limitada e DAM non pensa durante a quenda do opoñente.
1 segundo/xogada ata 120 segundos/xogada permiten seleccionar o tempo que DAM usará para cada movemento. Este tempo non é preciso; Algunhas veces DAM usará máis tempo ou menos tempo.
Especificar tempo amosa un diálogo que permite ingresar o tempo de busca como x movementos en y minutos. Esto é útil para xogar nun torneo. DAM distribúe o tempo dispoñible entre os movementos restantes. Un valor de 0 para x fai que DAM xogue "tódolos" seus movementos no tempo dispoñible, o que pode resultar nun severo apuro de tempo en partidas extensas.
Comezar reloxo fai que o reloxo - para o lado que posúa a quenda- comence a funcionar (aínda se o reloxo non é visible).
Deter reloxo detén o reloxo.
Poñer reloxo a cero Pon o reloxo a cero e deteno.
Xirar taboleiro dará ao taboleiro un xiro de 180 graos, intercambiando as direccións de xogo das brancas e as negras. Para indicar isto, o cadro 50 atópase numerado como tal.
Numerar conmuta entre numerar e non numerar os recadros do taboleiro.
Pódese usar Tamaño para seleccionar un taboleiro Pequeno, Mediano ou Grande.
Pezas ofrece unha visión En perspectiva ou Chan das pezas sobre o taboleiro.
Copiar ao Portapapeis ou Ctrl+C copia a fiestra do taboleiro como un mapa de bits ao portapapeis de Windows, de onde pode ser pegado noutra aplicación.
Introducir posición permite ingresar unha posición no taboleiro. Ver Como ingresar unha posición. Cando Introducir posición foi elixido, habilítanse os seguintes catro comandos do menú:
Posición Inicial coloca 20 peóns negros e 20 peóns brancos en posición inicial.
Borrar Todo remove tódalas pezas do taboleiro.
Xogan as brancas fai que sexan as brancas as posuidoras da quenda para xogar.
Xogan as negras fai que sexan as negras as posuidoras da quenda para xogar.
Linguaxe permite seleccionar o idioma para o menú, os diálogos e os títulos das fiestras.
Preferencias permite indicar o momento no que serán gardadas as preferencias.
Se Preferencias › Gardar automaticamente atópase seleccionado, as preferencias gárdanse cada vez que se sae do programa DAM co fin de que continúen activas a vindeira vez que DAM se execute.
Preferencias › Gardar agora fai que as preferencias actuais continúen vixentes cada vez que se execute DAM.
Barra de ferramentas oculta ou amosa a barra de ferramentas que contén algunhas accións de uso frecuente.
Seleccionando Propiedades as seguintes preferencias poden ser modificadas:
Cor permite personalizar as cores dos cadros do taboleiro ao dar un clic no elemento que se desexe trocar.
Sons permite ingresar os nomes dos arquivos de son .wav para os efectos de son.
Memoria permite seleccionar o tamaño da táboa hashing que DAM usa internamente para gardar resultados intermedios. Seleccione entre Pequeno (96 k), Mediano (384 k), Grande (1.5 M), Enorme (6 M), e Xigante (24 M). A mellor configuración é a maior posible que non faga que Windows utilice o disco duro continuamente. Isto depende da cantidade de memoria RAM instalada no computador.
Con Base de datos pode ser ingresada a ruta relativa ou absoluta do cartafol onde se atopan os arquivos opcionais que conforman a base de datos para finais de partida. Presione o botón Revisar para ver unha lista dos arquivos e o seu estado (nome correcto, tamaño e checksum).
PDN determina a maneira en que DAM garda unha partida nun Arquivo PDN. Cando Conservar información da partida atópase seleccionado, entón a información dunha partida en formato PND previamente aberta ou gravada non é borrada. Cando Reemprazar arquivo PDN atópase seleccionado, entón la partida no se añade al final del arquivo sino que se guarda en lugar del contido anterior (despóis de amosar unha advertencia).
Ao ingresar unha serie de partidas dun torneo, ambas opcións deberían estar desactivadas; para manter unha partida por correo electrónico resulta conveniente activar ambas opcións.
Ao abrir partidas de arquivos PDN ou DOC, pódese elixir se DAM coloca no taboleiro a Posición inicial ou a Posición final.
DamExchange asigna un porto para o protocolo DamExchange. Para xogar vía Internet, seleccione “TCP/IP”. Se se utiliza unha conexión directa por cable seleccione "Porto serial" e especifique o porto COM desexado; Se é necesario, use o botón “Propiedades” para despregar o diálogo de propiedades do porto do Administrador de Dispositivos, co fin de configurar o porto a 9600 bits por segundo, 8 bits de datos, sen paridade, 1 bit de parada, sen control de fluxo.
Xeral contén a configuración que indica se DAM debe pedir confirmación ao comezar unha nova partida ou ó saír do programa. Tamén pode indicar se múltiples instancias de DAM poden estar en execución ao mesmo tempo.
Esta parte do menú permítelle abrir e pechar fiestras de texto que conteñen diferentes datos da partida. Unha marca enfronte do comando de menú indica que a fiestra correspondente atópase desplegada. Ctrl+F6 fará que diferentes fiestras se sobreponían ás demáis.
Partida amosa unha lista dos movementos feitos. Se os primeros movementos desaparecen da fiestra, use a barra de desprazamento que se atopa á dereita para velos outra vez.
Variación principal amosa os esforzos de cálculo que fai DAM: amosa a secuencia máis probable de movementos futuros (segundo o estima DAM).
Movementos legais lista os movementos que a un xogador se lle permite facer. Se é a quenda de DAM para mover, o mellor movemento atopado ata o momento amósase en primeiro lugar, coa avaliación da posición resultante (1 peón equivale aproximadamente a 33 millóns). No modo xogador-xogador ou mentres se ingresa unha posición, un movemento pode estar seguido da avaliación tomada da base de datos para finais de partida.
Movementos de libro amosa os movementos de apertura relevantes á posición actual. Estos movementos atópanse pre-programados.
Reloxo amosa o tempo transcurrido para a partida; o texto da liña superior indica o tempo total transcurrido para Brancas e Negras respectivamente, a liña inferior amosa o tempo usado para o movemento actual ou o último movemento.
A fiestra texto PDN amosa a partida seleccionada do arquivo PDN o DOC no seu formato orixinal. Poden ser amosados datos como o evento, lugar, etc. así como a secuencia de movementos e comentarios.
A fiestra DamExchange amosa o estado da conexión, intercambio de movementos e textos do intercambio de mensaxes (chat) que tiveron lugar durante unha sesión de DamExchange.
Usando o comando Contido (ou a tecla F1) desprégase a Fiestra de Axuda de DAM.
Indice amosa un diálogo para atopar o tema desexado dentro da axuda de DAM.
Acerca de DAM presenta a versión de DAM e o mensaxe de Copyright.
Hai varias formas de indicar un movemento:
1. Clic: co botón esquerdo, dé clic no cadro onde se atopa a peza a mover e logo no cadro de destino da peza. Tamén pódeseingresar un movemento dando clic sobre a peza a capturar e/ou cadros intermedios do movemento. Se os cadros indicados identifican un único movemento válido, o movemento é executado; no caso contrario o cursor cambia a unha man senalando e débese facer clic sobre máis cadros.
2. Arrastre: presione o botón esquerdo do rato cando o punteiro se atope sobre a peza a mover, mova o rato e solte el botón cando a peza se atope sobre o cadro de destino.
3. Usando unha fiestra de texto: dé doble clic sobre o movemento desexado na fiestra de Movementos legais ou na fiestra de Movementos de libro.
4. Usando o teclado: escriba o movemento a xogar, exemplo: 33-28 ou 50x4, despois prema a tecla Enter. É equivalente a escribir un cadro inicial, intermedio ou de destino, sempre e cando o número indique un só movemento legal. O uso do teclado para ingresar movementos non opera durante unha sesión de DamExchange; somentes é funcional a tecla Enter para facer un movemento forzado.
Seleccione Introducir Posición no menú Taboleiro.
Un clic co botón esquerdo do rato coloca un peón da última color tocado. Outro clic cámbiao por unha dama, despois por un cadro valeiro, despois por un peón da cor oposta e así sucesivamente.
Un clic co botón dereito cambia a cor da peza.
O teclado tamén pode ser usado, exemplo: escriba b 10, seguido da tecla Enter. Esto coloca un peón branco no cadro número 10. N 7 43 44 coloca tres damas negras nestes cadros. Se a letra está en minúsculas entón obtense un peón, se está en maiúsculas obtense unha dama. Ingresando números sen unha letra, exemplo 30 16, bórrase o contido destes cadros.
Finalmente, seleccione Introducir Posición de novo, o Xogador–Computador para comezar xogando despóis de que a posición desexada fose ingresada.
DAM recoñece as seguintes situacións de táboas forzadas, indicada por Táboas na barra de estado que se atopa na parte inferior da fiestra:
- Cando a mesma posición preséntase tres veces.
- Despois de 10 movementos cando hai 1 dama contra 1, 2 ou 3 damas
- Despois de 25 movementos sen captura de pezas ou movemento de peóns.
Harm Jetten
Grondel 43
1275 BE Huizen
The Netherlands
e-mail: hjetten@xs4all.nl
WWW: http://www.xs4all.nl/~hjetten/
Ao Abrir e Gardar usando o menú Xogo pódese utilizar un dos seguintes tipos de arquivos:
1. Arquivos DAM, con extensión ".dam"
Un arquivo de DAM é lido e escrito en formato binario específico de DAM. Contén unha sóa partida e os seguintes datos:
- as pezas no taboleiro,
- os movementos xogados (e devoltos),
- a quen lle toca xogar: (xogador/computador) e con que cor,
- se unha posición está sendo ingresada,
- o nivel de xogo: a selección de tempo,
- o tempo de xogo no reloxo.
2. Arquivos PDN, con extensión ".pdn"
PDN significa Notación Portable para o xogo de Damas (Portable Draughts Notation), e é un formato universal que se usa nas bases de datos para intercambiar partidas entre diferentes xogos de damas. O formato PDN foi proposto por PC Solutions (Dynamo, Sage), e deriva do coñecido formato PGN para xadrez. Un arquivo PDN pode conter múltiples partidas; ao Abrir un arquivo PDN, un diálogo extra desprégase permitindo seleccionar unha partida. De igual forma, a partida aberta amósase en formato PDN na fiestra Texto PDN. Ademáis, o diálogo contén un botón extra chamado “Validar” para revisar se existen movementos ilegais na partida que se atopa no arquivo PDN. A revisión comenza polo xogo seleccionado e continúa ata o final do arquivo, ou ata que se atope un erro.
Ao Gardar un arquivo pódese ingresar información como: evento, lugar, data, rolda, nome dos xogadores e o resultado. A partida normalmente engádese ao final do arquivo PDN seleccionado, incluíndo a información que o acompaña. Ver tamén PDN no menú Opcións.
3. Arquivos DOC, con extensión ".doc"
Estos arquivos son creados polo programa Turbo Dambase de Klaas Bor, ou Truus de Stef Keetman. Ao igual que os arquivos PDN, os DOC conteñen unha ou máis partidas. O comando Abrir amosa un diálogo adicional para seleccionar o xogo desexado. DAM non pode Gardar unha partida en formato DOC.
Con arquivos PDN e DOC é conveniente percorrer unha partida cara adiante e cara atrás usando Atrás (tecla Supr) e Adiante (tecla Ins), ver menú Xogadas.
É importante saber que se pode saltar rápidamente á partida anterior ou á seguinte nun arquivo PDN ou DOC usando as combinacións de teclas Ctrl+← e Ctrl+→.
Unha base de datos para finais de partida con 2 pezas é incluida no arquivo dam.end como unha característica estándar de DAM.
Opcionalmente, un conxunto de bases de datos de tres pezas pode ser instalado nun cartafol cuio nome debe ser ingresado en Base de datos dentro do menú Opcións. Estos arquivos foron creados por Gijsbert Wiesenekker para o seu xogo de damas GWD e poden ser baixados sen custe algún de Internet, da Internet Chess Library. Os arquivos atópanse incluidos en no arquivo ftp://chess.onenet.net/pub/chess/Unix/zzzzzz-3.4.tar.gz. como 12 arquivos chamados de oovo.bin a xxvx.bin. Cando vostede esté descomprimindo estos arquivos non permita que WinZip (ou unha ferramenta similar para descomprimir arquivos) realice “smart CR/LF conversion”. Esta é unha opción que intenta traducir o carácter que indica unha nova liña entre sistemas operativos, é útil cando se traballa con arquivos de texto. Os 12 arquivos xuntos deben ter exactamente un tamaño de 125000 bytes.
Ademáis da base de datos para finais de partida con tres pezas nomeadas anteriormente, é posible instalar a versión de catro pezas. Note que isto require un equipo con polo menos 16 MB de RAM e un disco duro grande e rápido. En Windows 95, toda a memoria dispoñible será usada como caché de disco, asegúrese de que no arquivo system.ini non exista a entrada MaxFileCache na sección [vcache]. O autor da base de datos de catro pezas é Gijsbert Wiesenekker, quen a fixo pública e pode ser obtida na Internet Chess Library, o arquivo é ftp://chess.onenet.net/pub/chess/Unix/drend.tar – Note que o tamaño do arquivo é 8 MB, os arquivos descomprimidos ocupan un espacio de 150 MB. Este arquivo contén 25 arquivos chamados de ooovo.bin a xxxvx.bin, e deben ser procesados por un programa que se atopa dispoñible na páxina WEB de DAM. O proceso produce 14 arquivos chamados de ooovo.cpr a xxxvx.cpr e o arquivo índice end4.idx, que non ocuparán máis de 20 MB. Estos arquivos con extensión .cpr e .idx, deberán ser ubicados no cartafol especificado en Base de datos dentro do menú Opcións.
Novo: DAM pode, ademáis, manexar bases de datos de 5 e de 6 pezas (de forma experimental polo momento). Estas bases de datos son xeradas usando o arquivo DragonDraughts-0.0.Win32.zip, que provén do xogo de damas Dragon, de Michel Grimminck e foron adaptadas para Windows. Vostede atopará as instruccións na páxina WEB de DAM.
No modo xogador-xogador e mentres se ingresa unha posición, os movementos na fiestra de Movementos Legais poden estar seguidos dun número positivo ou negativo se a base de datos para finais de partida indica unha victoria ou unha derrota, respectivamente. Este comportamento tradúcese nun visor simple da base de datos, útil para ingresar unha posición e ver o resultado rápidamente.
DAM implementa o protocolo “DamExchange” (versión 01), escrito por Frank Mesander (Tornado). A descripción pode ser atopada na dirección http://www.dataweb.net/~fmesander/. Este protocolo permite que dous computadores xoguen unha partida vía módem nulo usando o porto serial, ou vía Internet. Son soportadas partidas no modo Xogador–Xogador así como partidas no modo Computador–Computador.
Primeiro, abra a fiestra DamExchange usando o menú Fiestras.
Logo, estableza unha conexión.
Finalmente, xogue unha partida.
Para facer que DAM xogue unha serie de partidas en contra doutro programa remotamente, sendo DAM quen inicie as partidas, seleccione o comando xogar torneo automáticamente.
Para comezar unha sesión, seleccione o método de conexión e o porto no diálogo DamExchange dentro do menú Opcións.
Logo, use o ítem DamExchange › Activar conexión dentro do menú Xogo en caso de estar usando o porto serial. No caso de estar usando un porto de Internet TCP/IP seleccione DamExchange › Esperar por conexión.
Paso seguido, o seu opoñente no outro computador deberá seleccionar DamExchange › Activar conexión (serial) ou DamExchange › Facer conexión (TCP/IP). No último caso, a dirección en Internet do computador co que se vai a realizar a conexión deberá ser ingresada no diálogo de conexión nunha das seguintes tres formas:
- número IP, exemplo: 192.168.0.1
- nome do dominio, exemplo: micomputador.net
- indirectamente por unha HTTP URL, exemplo: http://www.xs4all.nl/~hjetten/online.txt
O último formato é conveniente no caso de que vostede teña unha conta cun proveedor de servicio de acceso conmutado. Vostede pode usar un programa “IP poster” como Here ou DynamIP para escribir a súa dirección IP actual a un arquivo (por exemplo, online.txt) no servidor, e entón executar o comando Esperar por conexión.
O seu opoñente entón poderá usar a dirección en formato HTTP URL no diálogo despregado polo comando Facer conexión e desta maneira conectarse co seu computador.
DAM atópase entón listo para xogar unha partida.
Unha vez se estableceu unha conexión, ésta pode ser interrumpida seleccionando DamExchange › Rematar conexión no menú Xogo.
Para comezar a xogar unha partida unha vez se estableceu unha conexión co protocolo DamExchange, seleccione un dos seguintes comandos do Menú Xogo:
- Para comezar dende a posición inicial: Novo
- Para continuar unha partida gravada con anterioridade: Abrir
- Para comezar dende a posición actual do taboleiro: DamExchange › Comezar partida
Presentarase un diálogo no que se deberá ingresar o número de movementos, o límite de tempo e con que cr xogará vostede; esta información é enviada coa mensaxe de solicitude que se presentará ao opoñente. O opoñente poderá aceptar ou rexeitar a solicitude por medio dun diálogo similar.
Unha vez aceptada a solicitude, vostede pode xogar facendo movementos alternados no taboleiro. A barra de estado amosa a quen corresponde a quenda para xogar.
En calquera momento, incluso mentres se está xogando unha partida, vostede pode intercambiar mensaxes escribindo unha liña de texto que se amosará na barra de estado; con Enter, o texto é enviado. O texto aparecerá na fiestra DamExchange do opoñente.
É posible devolver xogadas feitas con Atrás ou a tecla Supr, esta acción despregará un diálogo. Ingrese o número de xogada desexado e a que cor lle corresponde a vez. Unha vez o opoñente aceptou a solicitude, o movemento ou movementos son devoltos en ambos lados da conexión.
En caso de que foran devoltas xogadas, as tgrlas rápidas Shift+Ins ou Ctrl+Ins permitiranlle adiantar á xogada desexada de maneira similar.
Una partida pode ser terminada con DamExchange › Detener partida.
É posible facer que DAM xogue unha serie de partidas en contra de outro programa remotamente co comando DamExchange › Xogar torneo automáticamente.
Unha conexión debe ter sido establecida primeiro, o programa remoto deberá estar no modo Xogador-Computador.
Por medio dunha serie de diálogos, DAM solicita o nome do arquivo PDN no que se gardarán os resultados, con qué restriccións de tempo se xogarán as partidas e de qué arquivo se lerán as posicións iniciais das partidas. Múltiples arquivos poden ser ingresados, como exemplo *.dam para procesar tódalas partidas .dam no cartafol indicado, ou somentes * para buscar en tódolos sub-cartafois.